Saída da procesión dende a Igrexa parroquial, pasando pola Praza Maior e dirixíndose a rúa Lourido, ata chegar a Avenida Generalísimo.
No cruce que vai dirección ó Cádavo faremos un pequeno homenaxe a Virxe:
• Canto de Noemí, Begoña e Nair.
• Saeta de Amador a capela (mentres a Virxe se mantén en alto).
• Preludio de trompeta.
Discurre a procesión pola Praza Maior, para dirixirse
a Praza do Concello. Alí terá lugar:
• Narración do acto a cargo de Iria.
• Poesía composta y recitada por Rocío.
• Actuación dos gaiteiros de Meira (mentres se fai a ofrenda floral).
• Canto da Saeta a cargo de Marta Pacín.
• Oración de conclusión.
• Acollida do Santo Cristo.
Terminado o acto toda a procesión vólvese a dirixir a Igrexa Parroquial.
Confraría Nosa Señora do Pedregal, Meira
A Confraría Nosa Señora do Pedregal fúndouse nesta Parroquia de Santa María de Meira o día 22 de febreiro de 2009. Recordamos con alegría aquela tarde, fría e case escura de domingo de feira, que esperamos nunca se borre das nosas mentes. Certo é que a cousa se botou a andar con medo, moito medo, pero pouco a pouco foi dando pequenos pasos, ata que todo se empezou a organizar, sinxelamente, pero con moita ilusión.
Nela xa participan máis de 150 persoas que acompañan á Virxe das Dores polas rúas do noso pobo ata atoparse na Praza do Concello con Cristo, na cruz.
O desenvolvemento e razón de ser desta procesión é un acto de fe onde revivimos a garantía da nosa salvación por parte de Deus para todos nós.