Skip to Content

A Semana Santa de Laxe estase convertendo nun dos reclamos turísticos máis destacados do Concello de Laxe fora da época estiva, especialmente á procesión do Santo Enterro ou Rosario da Boa Morte que se celebra o Venres Santo ás 23.00 horas.

Comenza o Domingo de Ramos, organizado pola Parroquia de Santa María da Atalaia de Laxe, é o seguinte: Xoves Santo: A partir das 20:00 h. ten lugar a procesión do Nazareno e da Virxe Dolorosa. A continuación a misa con lavatorio de pés.

Durante toda a noite diferentes persoas da vila cantan versos ó Santísimo e a Virxe.

Venres Santo, sen dúbida, é o día principal da Semana Santa en Laxe: - Ás 6.00 h. canto da Pasión en Verso. - Ás 11:00 h. procesión e predicación do Encontro do Señor coa Virxe na rúa da Amargura (Praza de Ramón Juega) e Predicación das Sete Palabras. - Ás 18:00 h. celebrase o oficio da pasión e morte do Señor. Sermón do Desencravo e de seguido a Procesión dos Caladiños. - Ás 23:00 h. ten lugar a Procesión do Santo Enterro e Rosario da Boa Morte. Esta é a procesión máis tradicional e concorrida da vila, onde homes e mulleres, separados en dous grupos, cantan por quendas ó "Señor" o "Rosario da Boa Morte”.

Sábado Santo: Ás 20.00 h. solemne vixilia pascual. Domingo de Resurrección: Ás 12:30 h. celébrase a Procesión do Santísimo e encontro de "Xesús resucitado" coa "Virxe" (Praza de Oriente). Ás 13.00 h. Santa Misa Solemne Pascual.

 

 


 

Ver las procesiones de Laxe

Carteles Semana Santa

No hay carteles disponibles