Skip to Content

Semana Santa en Tui

A Asociación de Amigos da Catedral de Tui, xuntamente coa “Hermandad del Dulce Nombre de Jesús y Santa Casa de Misericordia”, impulsan unha nova iniciativa para a promoción e valorización da Semana Santa tudense. E así como anuncio e apertura dos actos litúrxicos destas tradicionais celebracións tudenses este ano se suma a novidade da celebración do “pregón” desta efeméride, que nesta primeira ocasión correrá a cargo da profesora da Universidade de Santiago de Compostela, Marta Cendón Fernández.

A lectura deste pregón terá lugar o vindeiro domingo 25 de marzo ás 18,00 horas na Santa Igrexa Catedral de Tui e, de seguido, haberá un pequeno concerto de violín a cargo das tudenses, Sara e Raquel Areal Martínez, que a pesares da súa xuventude posúen xa unha prestixiosa traxectoria musical.catedral Tui

O propósito das entidades organizadoras é contribuír á promocións dos actos litúrxicos e, nomeadamente, as procesións e outros elementos que identifican, dende hai séculos, a Semana Santa tudense. Estes actos reúnen xuntos aos desfiles procesionais outros elementos paralitúrxicos ou parateatrais de fonda tradición na nosa cidade, como é a horta das Oliveiras ou os sermóns do Encontro e o Desencravo. Certamente estes aspectos resultan os máis singulares da Semana Santa tudense que unidos aos desfiles procesionais, onde saen singulares tallas -salientando a popular Dolorosa de Agustín Querol- e ao excepcional marco destes cortexos polas vellas rúas do conxunto histórico converten á Semana Santa tudense nun excepcional acontecemento que une fe, arte e cultura.

cartel-tuiA fundamental dimensión relixiosa destas tradicións da Semana Santa non reduce as súas dimensións culturais e mesmo turísticas que posúen estas seculares costumes que cómpre conservar como testemuña dunha historia e como identificadoras da vida da nosa cidade.

Los actos, después del Pregón, prosiguen el día 1 de abril, a las 11.00 horas, con la bendición de Ramos, procesión y misa.

Este año las procesiones contarán con la asistencia de más mujeres jóvenes que lucirán mantilla y peineta. Está confirmada la asistencia del obispo de la diócesis, monseñor Luis Quinteiro Fiuza a los actos principales, además del alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, miembros de la corporación y representantes de organismos oficiales

El Jueves Santo, 5 de abril, podrá visitarse el Huerto de los Olivos, en la Misericordia.

Amigos de la Catedral de Tui

Ver las procesiones en Tui 

 


Pregón 2012

 

Carteles Semana Santa

No hay carteles disponibles