Celebración de gran tradición en todo o territorio galego que conmemora a paixón, morte e resurrección de Cristo. Durante estes días sucédense as procesións que inundan de relixiosidade as rúas da vila.
PROGRAMA DE ACTOS 2014
7 de marzo: Día das Tres Grazas de Xesús Nazareno.
20:00 Misa solemne na honra de Xesús Nazareno seguida dun bicado dos pés á imaxe.
Nesta misa bendecirase a nova imaxe de Cristo Crucificado.
A Igrexa Parroquial estará aberta todo o día para quen desexe pedir as Tres Grazas.
5 de abril: 20:00 Misa solemne de imposición de medallas aos novos socios.
13 de abril, Domingo de Ramos
11:30 Proesión de Ramos dende a Igrexa Parroquial ata a Capela de Nosa Señora da Guadalupe, onde se bendecirán os ramos, e volta á Igrexa para celebrar a Santa Misa. 16 de abril, 16 Mércores Santo 11:00 Confesións
20:00 Apertura da Igrexa.
21:00 Vía Crucis penitencial polas rúas de Rianxo. O percorrido recuperará a tradición de sair pola Rúa do Medio e recollerse por O Adro.
As persoas que desexen levar unha vela nesta Procesión, poderán recollela na Igrexa antes da mesma e ao finalizar deixala no Monumento.
17 de abril, Xoves Santo
11:00 Confesións
18:00 Santa Misa da Cea do Señor.
21:00 Procesión. Sairán as Imaxes de “Dios y Hombre” e Nosa Señora da Soedade. O percorrido será o habitual.
23:00 Hora Santa na Igrexa Parroquial
18 de abril, Venres Santo
10:30 Anuncio do Santo Encontro polas rúas de Rianxo, a cargo da Banda de tambores da Irmandade da Paixón de Cristo.
11:00 Santo Encontro na Praza de Rafael Dieste.
17:30 Santos Oficios. Adoración da Cruz.
19:30 Desencravo no Adro da Igrexa.
22:00 Procesión do Santo Enterro. Sairán as imaxes de Xesús na Urna e Nosa Señora das Dores. O percorrido será o habitual.
19 de abril, Sábado Santo
11:00 Visita aos enfermo
21:00Vixilia Pascual
20 de abril, Domingo de Resurreción
10:00 e 12:00
Misas de Resurreción