A Confraría Nosa Señora do Pedregal fúndouse nesta Parroquia de Santa María de Meira o día 22 de febreiro de 2009. Recordamos con alegría aquela tarde, fría e case escura de domingo de feira, que esperamos nunca se borre das nosas mentes. Certo é que a cousa se botou a andar con medo, moito medo, pero pouco a pouco foi dando pequenos pasos, ata que todo se empezou a organizar, sinxelamente, pero con moita ilusión.
Nela xa participan máis de 150 persoas que acompañan á Virxe das Dores polas rúas do noso pobo ata atoparse na Praza do Concello con Cristo, na cruz.
O desenvolvemento e razón de ser desta procesión é un acto de fe onde revivimos a garantía da nosa salvación por parte de Deus para todos nós.