|
Actos previos á Semana Santa VENRES, 30 DE MARZO: NA IGREXA DE SAN FRANCISCO • ÁS 19:30 HORAS: MISA SOLEMNE NA HONRA DA VIRXE DAS DORES SÁBADO, 31 DE MARZO: NA IGREXA DE SAN DOMINGOS • ÁS 20:00 HORAS: PREGÓN DE SEMANA SANTA, por conta de D. Vicente Iglesias Martelo. Director de Cáritas A Coruña E CONCERTO DE MÚSICA SACRA por conta da Coral Polifónica de Betanzos |
| : |
10:00 horas: en Tiobre e na Angustia 11:00 horas: en San Domingos 12:00 horas: en Santuario Remedios 18:00 horas: no adro da Igrexa de San Domingos beizón do novo PASO de «Entrada de Xesús en Xerusalén: a borriquilla» BEIZÓN DE RAMOS, PROCESIÓN ATA SAN FRANCISCO E MISA SOLEMNE Nota: Participa e acompaña a procesión a Agrupación Musical Nuestra Señora del NORDËS da Agrupación Juvenil Española, de F |
| MARTES : |
ÁS 19:30 HORAS: EN SAN DOMINGOS: Celebración Comunitaria da Penitencia ÁS 20:30 HORAS: PROCESIÓN-VIACRUCIS POLAS RÚAS DO CENTRO HISTÓ- RICO DA CIDADE |
| Xoves Santo : |
Reunímonos arredor da mesa, con Xesús. É o día da Última Cea de Xesús! Non é unha comida ordinaria: El lava os nosos pés para demostrar que a única vida valiosa é a entrega persoal, a vida ao servizo dos demais. É unha Cea Pascual. Con ela déixanos o gran regalo: o seu corpo e o seu sangue, a súa presenza para sempre no medio da comunidade. É o día da oración polos nosos sacerdotes. AMA COMO XESÚS E DESCUBRIRÁS O VALOR DO XOVES SANTO! CELEBRACIÓNS: MISA DA CENA DO SEÑOR 17:00 horas: Residencia García Hermanos 18:00 horas: Igrexa das Madres Agustinas 19:00 horas: Igrexa de Santiago HORA SANTA 23:00 horas: Igrexa de Santiago
PROCESIÓNS 21:30 horas: SANTO ENCONTRO na Praza da Constitución Da Igrexa de Santa María: - Paso de Xesús atado á columna - Paso de Xesús Nazareno de Medinaceli - Paso de Cristo dos Mareantes Da Igrexa de San Francisco: - Paso do Ecce Homo Da Igrexa de Santiago: - Paso da Virxe Dolorosa N.B. Participa a soprano Ana Docampo Acompañan estes pasos a Banda de Gaitas e Tambores Zucurrundullo de Castroverde (Lugo) e a Banda de Música Municipal de Betanzos
|
| Venres Santo |
É a hora da verdade. É o Venres Santo, é o día en que Xesús chega ata o final, ata aceptar a súa morte. Por iso facemos xaxún ese día para unirnos en certo xeito aos sufrimentos e morte do Salvador. O xaxún é un apoio para ambientarnos mellor na celebración destes días. Hoxe consideramos a súa cruz e agradecémoslle a súa entrega, afirmamos a nosa fe en El. Porque en El a humanidade enteira, con todas as súas dores e angustias, encontrará a luz, a salvación. CONTEMPLAR A CRUZ É CAER NA CONTA DO INMENSO AMOR QUE DEUS NOS TEN!
CELEBRACIÓNS: VIA CRUCIS: 10:30 horas: na Igrexa de Santa María SANTOS OFICIOS: 16:00 horas: Residencia García Hermanos 17:00 horas: Igrexa das Madres Agustinas 18:00 horas: Igrexa de Santiago
PROCESIÓNS: 19:30 horas: SANTO ENTERRO Sae da Igrexa de San Domingos, cos pasos do Cristo das Ánimas, a Nosa Señora da Angustia, o Santo Sepulcro, e a Nosa Señora da Soidade Acompañan estes pasos e a Banda de Gaitas e Tambores Zucurrundullo de Castroverde (Lugo) e a Banda de Música Municipal de Betanzos 22:00 horas: OS CALADIÑOS Sae de San Francisco cos pasos da Santa Cruz e da Nosa Señora das Dores Participa a Banda de Música Municipal de Betanzos N.B. Nas dúas procesións actuará o tenor Pablo Carballido
|
| Sábado Santo: |
VIXILIA PASCUAL É a Noite Santa, a Noite da Resurrección, a noite máis bela de todas. Nesa noite estamos de vela porque Cristo resucitou con El. Celebramos a Vixilia pascual, a gran Vixilia, cumio do ano litúrxico. CELEBRACIÓNS: 20:30 horas: Residencia García Hermanos 21:00 horas: Na Igrexa das Madres Agustinas 22:00 horas: Na Igrexa de Santiago Celebración conxunta das parroquias: · San Martiño de Tiobre ·Santa María do Azougue ·Santiago Convertamos a Resurrección do Señor en experiencia de vida
Domingo de Pascua É o día en que mesmo a igrexa máis pobre se reviste dos seus mellores ornamentos, é o cumio do ano litúrxico. É o aniversario do triunfo de Cristo. É a feliz conclusión do drama da Paixón e a alegría inmensa que segue á dor. E unha dor e gozo que se funden pois refírense na historia ao acontecemento máis importante da humanidade: a redención e liberación do pecado da humanidade polo Fillo de Deus. A VIDA ESPÉRANOS! FELIZ PASCUA DE RESURRECCIÓN
|