Skip to Content

PROGRAMA DE ACTOS DE SEMANA SANTA EN BETANZOS

Actos previos á Semana Santa
VENRES, 30 DE MARZO: NA IGREXA DE SAN FRANCISCO
• ÁS 19:30 HORAS:
MISA SOLEMNE NA HONRA DA VIRXE DAS DORES
SÁBADO, 31 DE MARZO: NA IGREXA DE SAN DOMINGOS
• ÁS 20:00 HORAS:
PREGÓN DE SEMANA SANTA, por conta de D. Vicente Iglesias Martelo.
Director de Cáritas A Coruña E CONCERTO DE MÚSICA SACRA por conta
da Coral Polifónica de Betanzos
Domingo de Ramos
: 10:00 horas:
en Tiobre e na Angustia
11:00 horas:
en San Domingos
12:00 horas:
en Santuario Remedios
18:00 horas:
no adro da Igrexa de San Domingos
beizón do novo PASO
de «Entrada de Xesús en Xerusalén:
a borriquilla»
BEIZÓN DE RAMOS,
PROCESIÓN ATA SAN FRANCISCO E MISA SOLEMNE
Nota: Participa e acompaña a procesión a Agrupación Musical Nuestra Señora del NORDËS da
Agrupación Juvenil Española, de F
MARTES : ÁS 19:30 HORAS: EN SAN DOMINGOS: Celebración Comunitaria da Penitencia
ÁS 20:30 HORAS: PROCESIÓN-VIACRUCIS POLAS RÚAS DO CENTRO HISTÓ-
RICO DA CIDADE
Xoves Santo :

Reunímonos arredor da mesa, con Xesús.
É o día da Última Cea de Xesús!
Non é unha comida ordinaria: El lava os nosos pés para demostrar que a
única vida valiosa é a entrega persoal, a vida ao servizo dos demais.
É unha Cea Pascual. Con ela déixanos o gran regalo: o seu corpo e o seu
sangue, a súa presenza para sempre no medio da comunidade. É o día da
oración polos nosos sacerdotes.
AMA COMO XESÚS
E DESCUBRIRÁS O VALOR DO XOVES SANTO!
CELEBRACIÓNS:
MISA DA CENA DO SEÑOR
17:00 horas: Residencia García Hermanos
18:00 horas: Igrexa das Madres Agustinas
19:00 horas: Igrexa de Santiago
HORA SANTA
23:00 horas: Igrexa de Santiago

PROCESIÓNS
21:30 horas: SANTO ENCONTRO na Praza da Constitución
Da Igrexa de Santa María:
- Paso de Xesús atado á columna
- Paso de Xesús Nazareno de Medinaceli
- Paso de Cristo dos Mareantes
Da Igrexa de San Francisco:
- Paso do Ecce Homo
Da Igrexa de Santiago:
- Paso da Virxe Dolorosa
N.B. Participa a soprano Ana Docampo
Acompañan estes pasos a Banda de Gaitas e Tambores Zucurrundullo de Castroverde
(Lugo) e a Banda de Música Municipal de Betanzos

Venres Santo

É a hora da verdade. É o Venres Santo, é o día en que Xesús chega ata o
final, ata aceptar a súa morte.
Por iso facemos xaxún ese día para unirnos en certo xeito aos sufrimentos
e morte do Salvador.
O xaxún é un apoio para ambientarnos mellor na celebración destes días.
Hoxe consideramos a súa cruz e agradecémoslle a súa entrega, afirmamos a
nosa fe en El. Porque en El a humanidade enteira, con todas as súas dores e
angustias, encontrará a luz, a salvación.
CONTEMPLAR A CRUZ
É CAER NA CONTA
DO INMENSO AMOR QUE DEUS NOS TEN!

CELEBRACIÓNS:
VIA CRUCIS:
10:30 horas: na Igrexa de Santa María
SANTOS OFICIOS:
16:00 horas: Residencia García Hermanos
17:00 horas: Igrexa das Madres Agustinas
18:00 horas: Igrexa de Santiago

PROCESIÓNS:
19:30 horas: SANTO ENTERRO
Sae da Igrexa de San Domingos, cos pasos do Cristo das Ánimas,
a Nosa Señora da Angustia, o Santo Sepulcro, e a Nosa
Señora da Soidade
Acompañan estes pasos e a Banda de Gaitas e Tambores Zucurrundullo de
Castroverde (Lugo) e a Banda de Música Municipal de Betanzos
22:00 horas: OS CALADIÑOS
Sae de San Francisco cos pasos da Santa Cruz e da Nosa Señora
das Dores
Participa a Banda de Música Municipal de Betanzos
N.B. Nas dúas procesións actuará o tenor Pablo Carballido

Sábado Santo:

VIXILIA PASCUAL
É a Noite Santa, a Noite da Resurrección, a noite máis bela de todas.
Nesa noite estamos de vela porque Cristo resucitou con El.
Celebramos a Vixilia pascual, a gran Vixilia, cumio do ano litúrxico.
CELEBRACIÓNS:
20:30 horas: Residencia García Hermanos
21:00 horas: Na Igrexa das Madres Agustinas
22:00 horas: Na Igrexa de Santiago
Celebración conxunta das parroquias:
· San Martiño de Tiobre
·Santa María do Azougue
·Santiago
Convertamos a Resurrección do Señor
en experiencia de vida

 


 

Domingo de Pascua
É o día en que mesmo a igrexa máis pobre se reviste dos seus mellores
ornamentos, é o cumio do ano litúrxico.
É o aniversario do triunfo de Cristo.
É a feliz conclusión do drama da Paixón e a alegría inmensa que segue á
dor. E unha dor e gozo que se funden pois refírense na historia ao acontecemento
máis importante da humanidade: a redención e liberación do pecado
da humanidade polo Fillo de Deus.
A VIDA ESPÉRANOS!
FELIZ PASCUA DE RESURRECCIÓN