Cofradía Veracruz
A Cofradía da Veracruz nace na segunda metade do ano 2007, participando por primeira vez nas celebracións da Semana Santa do Carballiño do ano 2008. Un dos seus obxectivos é dinamizar a Semana Santa carballiñesa, ata chegar a ser un punto de referencia en toda a provincia de Ourense e en boa parte de Galicia. A Procesión do Santo Enterro ou “dos Caladiños”, o Venres Santo, que enche O Carballiño dun manto de silencio tan só roto por o canto das saetas á Virxe María e ao Cristo e o acompañamento musical das bandas de música, a Procesión de Traslado de Nosa Señora Das Dores, os nazarenos que a acompañan… son momentos cheos de espiritualidade popular.
As actividades da Cofradía van encamiñadas tamén a difundir o valor artístico, cultural e relixioso da Semana Santa: carteis, Revista Lignum Crucis, video-documentais, selos conmemorativos, exposicions, novos pasos procesionais.. son algunhas das cousas realizadas nestes anos.
Na actualidade contamos con máis de 200 cofrades que contribúen á celebración solemne dunhas datas esenciais para todos os cristiáns como é a Semana Santa, ademáis de outros momentos ao longo do ano litúrxico.