Skip to Content

SS Paradela- Meis, Programa de actos 2014

DOMINGO DE RAMOS 13 de Abril Comezamos a celebración coa Bendición de Ramos ás 12:30h. no campo do Outeiro; a continuación escenificación da Entrada Triunfal de Xesús en Xerusalén, procesión ata a igrexa acompañada pola Banda de Gaitas Domingo Fontán de Portas, de seguido misa cantada polo Coro Parroquial de Santa María de Paradela. As 19:00h. Concerto na igrexa a cargo da Banda de Música da Vertula e do Coro Parroquial de Paradela. SS Paradela

XOVES SANTO 17 de Abril Os actos litúrxicos cantados polo Coro Parroquial de Paradela comezan as 20:30h.; acto seguido as 21:30h. Escenificación da Última Cea de Xesús, procesión ata o campo do Outeiro para a representación do Prendemento e Xuízo do Sanedrín.

VENRES SANTO 18 de Abril As 11:30h. Escenificación das derradeiras horas de vida de Xesús, no atrio da igrexa, a continuación Vía Crucis ata o Monte de Croa e Crucifixión. Pola tarde , as 20:30h. Serán oficios litúrxicos e posterior reparto de velas. As 22:00h. terá lugar no Monte da Croa o Desencravo e Descendemento de Xesús, seguidamente procesión do Santo Enterro, acompañada pola Banda da Vertula.

SÁBADO DE PASCUA 19 de Abril Misa de resurrección as 23:00h. Bendición da auga e o lume, ó rematar, degustación gratuíta da Rosca de Pascua.

DOMINGO DE PASCUA 20 de Abril As 12:30h. escenificación da Resurrección de Xesús no atrio da igrexa. A continuación a Santa Misa cantada pola Agrupación Coral de San Miguel de Lores de Meaño, procesión de Resurrección acompañada pola Banda-Escola Municipal de Meis.

As 22:00h. remate de festas amenizada polas orquestras: MARBELLA e HIROSHIMA.