Skip to Content

SAÚDA OFICIAL DE LA PARROQUIA y el SAÚDA OFICIAL DEL GRUPO DE CONFRARÍAS.

SAÚDA As semanas de Coresma van marcando un ritmo litúrxico que nos achega á Semana Santa. Aquel Deus que entra na historia da humanidade nun pesebre, pon fin á súa vida entre nós nun burro e nunha norte de cruz. Nunca poderemos dicir que Deus se impón co seu poder. No seu encontró co home, Deus sempre se rebaixa e se humilla; revelándose no pequeño, no sinxelo. Toda a Semana Santa será como o afundimento humano de Deus e a exaltación da dignidade do home. Os que gañan terminan perdendo, e os que perden terminan gañando.

Xesús calaba, non dicía nada. Durante estes días tamén nós deberíamos calar, esta é una semana para escoitar. Mirar no silencio e deixar que o que vemos e celeramos nos toque por dentro. A única palabra válida é o silencio da norte de Cristo, e sobre todo, a súa Resurrección; escoitemos en silencio e deixemos que o noso corazón responda.

Dese xeio deixamos atrás o home vello para ser criaturas novas. Amenazamos como aquel "primeiro día da semana" para proclamar a resurrección de Xesus. Sexamos os seus mensaxeiros.

Un ano máis invitámosvos a participar relixiosamente nos actos da Semana Santa.

José Ortoño Fuentes

Eladio Lores Pérez


SAÚDA GRUPO DE CONFRARÍAS SEMANA SANTA NOIA 2016.

Chegado este momento de Cuaresma e Semana Santa, celebramos a preparación para a festa da Pascua a través do acompañamento de Xesús nos misterios da súa Paixón, Morte e Resurrección. Acompañar a Xesús non é solo procesionar os pasos polas rúas da nosa vila de Noia a ritmo de tambores e bandas de música, se non que se trata de vibrar de emoción e agradecemento.

Un agradecemento ás persoas que se implican na preparación das celebracións que teñen lugar en Noia durante estos días dende a igrexa ata os membros das confrarías e as persoas anónimas que a través dos donativos, o seu traballo, a súa participación desinteresada e colaboración fai do seu esforzó que se manteña na nosa vila unha identidade relixiosa de tradición secular.

A emoción ven dada polo esforzo e o traballo das Confrarías para continuar as tradicións dos nosos maiores, renovándose e indo máis alá sen perder a súa esencia e autenticidade. O esforzó, o traballo continuado con tino e agarimo para preservar a tradición na nosa vila e tratando de chegar cada vez máis a todolos ámbitos sociais, fomentando tamén o atractivo turístico a partir relixioso. Emoción ó describir o espírito cofrade que se vive na vila, xa que son moitos os embaixadores que fan que a nosa Semana Santa sexa un acontecemento valorado e respetado, dende os máis pequenos que comezan este ano ata os maiores, e incluso os que deron vestixio do seu esforzó e traballo e que xa non están con nós. Tamén queremos recordar a eles e o seu esforzó durante moitos anos nas nosa confrarías e irmandades.

Dende o Grupo das Confrarías da Semana Santa de Noia, a través do agradecemento e a emoción, queremos chegar de maneira extensiva a toda a poboación a quen invitamos a coñecer e participar dos actos, celebracións e Procesións que forman parte de unha Semana Santa que cada ano se vive de unha maneira diferente, pero que para todos/as ten un significado único.

O Grupo de Confrarías da Semana Santa de Noia.