Skip to Content

Programación de los actos de la Semana Santa en Noia

 

Benqueridos feligreses e vecinos:
  
Estamos vivindo o tempo de coresma e preparándonos una vez máis para recordar con emoción os misterios da Paixon, Morte e Resurrección do Señor. Non se trata dun retorno ó mesmo de sempre, nin a un simple recordó dalgo que sucedeu, non son só acontecementos da historia como efemérides familiares ou datas dun país. Podería selo, se o vivimos coma un simple recordó.
  
Celebrar comporta actualizar a fe pola que recoñecemos a presenza de Deus en Xesús, e acollemos o seu amor cara nós, manifestando no amar de Xesús: "Amando ós seus que estaban no mundo, amounos ata o extremo". Deste xeito vivimos na esperanza de que na súa resurrección resucitamos todos. Polo tanto, celebrar a Semana Santa é vivir e encarnar os misterios máis profundos do ser humano.
 
Venres de Dolores coa Procesión da  Virxen dos Dolores escomenzaremos a adentrarnos no misterio de María que ó lado de Cristo Redentor, Ela é Corredentora de tódalas gracias. Con Rampos e Palmas no Domingo rendiremos homenaxe que ven no nome do Señor nunha celebración popular e chea de vida. Xa pola tarde, coa procesión dende San Francisco, terá lugar o Pregón que sitúa a Semana Maior dos Cristiáns. Constitúe unha invitación a vivila intensamente na fe e na comuñón da igrexa. Durante o Triduo Pascual acompañaremos a Xesús no camino definitivo. Esta é unha invitación a vivir a Semana Santa en actitude de discípulo, coa finalidade de seguilo de cerca, sacando conclusións de cara á nosa vida: a entrega total; a renuncia a calquera clase de violencia, nin para defenderse; o amor incondicional ós seus, a pesares das debilidades e negacións, a confianza total no noso Pai...
 
Dende agora mesmo, agradecemos o traballo de todos os grupos e cofradías que traballan arrreo para facer posible que todo esté a punto para vivir o misterio de Cristo nos días derradeiros da súa vida terrenal, así como a tantos cofrades e colaboradores, que coas súas aportacións materiais e económicas son o mellor exemplo de unión e solidaridade a fin de honrar a nosa fe, a nosa cultura e nosa vila.
 
Facemos unha chamada á participar nos actos da Semana Santa. Participaremos coa nosa presenza e tamén coa nosa fe activa no misterio que celebramos. Que os pasos das procesións sexan un encontró con nós mesmos, coa nosa fe e co Señor Resucitado, ata encontrarnos un día con El para celebrarmos a Pascua eterna. Saúdanvos e bendícenvos no Señor.
 
Jose Ortoño Fuentes (Párroco)
Eladio Lores Perez (Adscrito)