HORARIOS: CULTOS, ACTOS LITÚRXICOS E PROCESIÓNS
30 DE MARZO: VENRES DE DORES
MISA SOLEMNE NA HONRA DA VIRXE DAS DORES
Igrexa do Caramiñal 20.00
(Novena dende o día 22 de marzo ás 19.30)
Procesión coa imaxen da Virxe das Dores. 21.00
Sae en procesión a imaxe da Virxe das Dores, imaxe de vestir do século XVIII, a confraría da Virxe das Dores ten a sua orixe neste mesmo século XVIII, os seus estatutos datan do ano 1755.
31 DE MARZO: SÁBADO DE PAIXÓN
PREGÓN DA SEMANA SANTA
Igrexa do Caramiñal
Imposición de distintivos ós novos Confrades 20.30
Pregón “A tradición musical na Semana Santa da Pobra”
Alexandre Fontán, Capela Lauda Sion.
1 DE ABRIL: DOMINGO DE RAMOS
BENDICIÓN DE RAMOS E MISA
Caramiñal 11.30
Bendición, procesión e misa no Cantón da Leña
Escenifícase a entrada de Xesús en Xerusalén e procesiónase unha imaxe de S. Xoán Apostol e Evanxelista que porta na sua man esquerda unha palma, levada por oito xóvenes da catequese parroquial.
4 DE ABRIL: MERCORES SANTO
VIA CRUCIS. 22.30
Procesión que se inicia na Capela do Cemiterio Parroquial do Caramiñal, y que tras percorrer diferentes ruas e prazas do pobo, donde se van meditando as distintas estacións que configuran o Via Crucis, remata na Igrexa Parroquial de Santa María a Antiga do Caramiñal.
Pórtase no percorrido unha imaxe de Cristo crucificado de mediados século XX, levado a hombros por trinta homes.
5 DE ABRIL: XOVES SANTO
MISA VESPERTINA DA CEA DO SEÑOR
Igrexa do Caramiñal 18.00
Procesión 19.00.
Procesiónanse tres imaxes:
O grupo escultórico da Oración de Xesús no Horto das Oliveiras, realizada no taller do escultor D. José Rivas Rodríguez, en Santiago de Compostela, obra realizada na segunda metade do século XX.
A imaxe do Ecce Homo, coñecida popularmente coma “Cristo da Caniña” ou “Caniñas”, esta talla é do século XVIII.
E a imaxe do Nazareno, escultura de vestir e con pelo natural, do século XIX.
HORA SANTA
Igrexa do Caramiñal 23.00
6 DE ABRIL: VENRES SANTO
O Encontro. Caramiñal 11.00
O tradicional Sermón do Encontro ten lugar na Praza de García Martí, logo de meditar e escenificar os momentos previos á crucifixión de Xesús, iníciase o percorrido procesional por distintas ruas da vila, que conclue co regreso das imaxes a Igrexa de Santa María a Antiga do Caramiñal.
Procesionan un grupo escultórico e tres imaxes:
En primeiro lugar o grupo escultórico coñecido polo nome de “Paso da Caida de Xesús Nazareno”. Magnífico grupo saído dos talleres do escultor compostelano D. José Rivas Rodríguez, que chega a esta vila de A Pobra do Caramiñal no ano 1941, disto da fe unha acta que se conserva na sacristía da Igrexa Parroquial do Caramiñal. Este ano 2012 a Confraría do Santo Cristo e Oración do Horto acaba de concluir os traballos de restauración de este grupo que se prolongaron o longo de cinco anos e que custaron 27.070€
De seguido añadense á procesión as imáxes da Verónica e de San Xoán, duas tallas de mediados do século XX, cerrando o desfile procesional a imaxe da Virxe das Dores.
OFICIOS DA PAIXON DO SEÑOR
Igrexa do Caramiñal 18.30
Os Caladiños. Caramiñal 23.00
Procesión que se realiza no máis absoluto silencio, que só se ve interumpido polo son dun redoblante e as notas dunha serie de motetes que se interpretan o longo do percorrido.
Sáe e recóllese esta procesión na Igrexa de Santa María a Antiga do Caramiñal.
7 DE ABRIL: SÁBADO SANTO
SOLEMNE VIXILIA PASCUAL
Igrexa do Caramiñal 22.30
8 DE ABRIL: DOMINGO DE RESURRECCIÓN
MISAS
Igrexa do Caramiñal 11.00, e 12.30
NOTA: En caso de mal tempo os actos procesionais celebraranse no templo parroquial.
MAIS INFORMACION EN: http://santamariaaantiga.blogspot.com
Todolos actos están organizados por:
Parroquia de Santa María a Antiga do Caramiñal.
Confraría de Nosa Señora das Dores.
Confraría do Santo Cristo e Oración no Horto.
Colabora:
Excmo. Concello de A Pobra do Caramiñal.