Skip to Content

Perspectiva histórica da Semana Santa. Santiago I

Autor: 
Vicente Risco. Da “Historia de Galicia” de Otero Pedrayo
Fecha: 
26/03/2009

Santiago

O Xoves Santo, ben cedo -di Don Xesús Carro- xa se ven as criadas coas veliñas rizadas para os monumentos. Celébranse con moita concurrencia os oficios da mañá, a consagración dos Santos óleos e a procesión do Monumento. Na catedral, a misa de pontifical, os coengos coas súas capas douradas, os seus vestidos bermellos de capeláns de honor, acólitos, todo en movemento, pasma ós curiosos. 0 máis solemne é a procesión co Santísimo ó Monumento. Este, poñiase antes de quitado o coro, na nave maior, que se chamaba da Soledá. Agora móntase no brazo norte da cruceiro. É de estilo románico, feito de telas e gran efecto escenográfico obra do pintor Euxenio Villar.

A visita ós Monumentos, moitos e variados, é unha das notas saíntes de fervor. A certas horas da tarde e da noite, son milleiros os fieles que percorren as estaciós.

A interesante ceremonia do Lavatorio dos pés ós doce probes, xeneralmente polo arcebispo, faise na catedral, despóis de Vísperas, a eso das catro.

A xente vai ós arredores do convento de San Francisco para ver a procesión da Cea do Señor. Esta procesión faina o Concello. En millores tempos, dáballe a cada invitado e persoa que quixera asistir, un fachón. Pero chegóu á ser tamén motivo de moitos abusos. Forma dúas partes: na primeira, figura o "paso", fermosa obra do escultor compostelano Sanmartín, da mesa redonda dos Apóstoles, todos arredor, atendendo ás verbas do Señor; diante van longas filas de xente con velas acesas. 0 Calvario, estimada xoia de ourivesaría, lévao o Alcalde. Na segunda parte van os estudantes do Seminario, a imaxe da Virxe dos Dolores, a orquesta e voces, o clero e representación de todalas autoridades. A banda de música e a tropa de gala ó final.

A procesión entra na catedral pola porta do Obradoiro. Alí estana agardando un notario eclesiástico e máis unha comisión do Cabildo pra levantaren acta de impedirlle o paso. É unha cuestión de dereito que fai séculos veñen sostendo as dúas corporaciós. O Cabildo non quer que a procesión do Xoves Santo atravese polo templo e por diante do Monumento onde está o Santísimo, pois teno como acto irreverente. E o Concello, por complecer á xente, con violencia ou sin ela, ordea que se faga o tránsito da súa procesión pola catedral. Deu lugar este pleito a grandes algaradas e loitas entre a cidade e mailo Cabildo. Como o paso da Mesa dos Apóstoles, levado por máis de vinte homes, non pode baixar polas escaleiras das Platerías, a procesión sae pola Porta Real, atravesa a Praza da Quintana, segue pola Conga e vai desembocar no comenzo da Rúa do Vilar. 0 punto culminante desta procesión é o seu paso polo Toural.

O Venres Santo, moi cedo, case ó abrente, o Trompetero enmascarado percorre as rúas da cidá anunciando a ceremonia do Encontro. Ás sete, na catedral, un coengo predica o sermón da Paixón.

De seguido, faise o Encontro, que se soe representar na Praza da Quintana, onde se xunta toda a cidade. O sermón dio polo regular un frade. Os pasos e imaxes son os seguintes: un grupo de Xesús coa Cruz, caído no chan, rodeado de esbirros e saións, co Cirinéu, escultura de gran carácter popular, sen chegar a ser unha obra mestra; a imaxe vestida de San Xoán; a Verónica; e a Virxe. O tempo destas imaxes non pasa en antiguidade do século XVIII.

Rematado este patético drama, organízase coas imaxes unha lucida procesión que se recolle na parroquia de San Miguel dos Agros.

Na catedral celébranse solemnemente os oficios.

Ó mediodía comeza na Capela das Ánimas o sermón das Sete Palabras. Esta capela, de comezos do século XIX, tén a particularidade que tódolos seus altares están dedicados a esceas da Paixón.  compostos dunha sorte de cartón-pedra. Mailo que fai desexar máis ó público escoitar un sermón tan importante é o presenciar ó final a escea entre tronos e lóstregos, con intervención da orquesta e voces, da morte de Xesús.

Ás catro da tarde, na igrexa de Santo Domingo, é o Desenclavo, dun dramatismo que fai romper en prantos e xemidos a maoría dos fieles que enchen o fermoso templo. Antigarnente, ó rematar o Desenclavo, as campás da Cofradía do Rosario doblaban pola morte de Xesús Crucificado. Este piadoso costume, por telo por impropio, foi suprimido polo cardenal Martín de Herrera.

Xa tarde, a eso das sete, sae da capela da devandita Cofradía do Rosario e igrexa de Santo Domingo a imponente procesión do Santo Enterro, a máis acompañada e a máis devota de todas. Acode, casi en pleno, o máis escollido dos homes da cidade, chamando tamén a atención a gran moitedume dos arrabaldos. Todos poñen o seu maior interese en que esta procesión resulte o máis brillante que se poida. Cada ano, ademáis, encárgase dela un cofrade que tén a obriga de sacala e levar o Calvario, que é tamén obra de mérito. Nesta procesión, moi longa e con moitas representacións de nenos e nenas vestidos de anxos e figuras bíblicas, non van máis que o Santo Enterro e a Virxe das Dores. O Santo Enterro, en urna que é unha preciosa obra compostelá, de moita riqueza de ourivesaría, chama a atención polo seu elegante feitío. Vai na primeira parte, indo diante as fílas dos asistentes cos cirios e rodeado por cofrades do Rosario. A Virxe vestida de loito riguroso e terciopelo vai ó final coas autoridades. Van tamén nesta procesión os estudantes de crego e unha escolta de tropa coas armas á funerala.

O percorrido é moi longo: Santo Domingo, Casas Reais, Cervantes, Acibechería, a catedral, as Platerías, Rúa do Vilar, Toural, Rúa Nova, Conga, Preguntoiro, Cervantes, Ánimas, Casas Reales e Santo Domingo.

A recollida, despóis das nove da noite, é do máis impresionante e conmovedor. A Virxe párase en case todalas prazas e a orquesta, mentras, executa motetes.

Ás dez e media, da mesma igrexa de Santo Domingo sae, dende hai uns anos, a procesión da Soedade, da Cofradía de señoras de Santa María Salomé. Tén o aquel da novedá. Non é mais que de mulleres e van moitas rapazas con mantilla hespafíola. Atrai centos de curiosos. A súa seriedade crébase a veces pola intromisión, que non va¡ moi bén ea maneira de ser nosa, das famosas "saetas" propias de Andalucía. O mimetismo andalucista non se contentóu con esto; no ano 1952 restauraron unha antiga Cofradía compostelana, a "Venerable e Ilustre Cofradía de Nuestro Padre Jesús Nazareno y la Santísima Virgen de los Dolores", da primeira mitade do século XVIII, e na procesión do Encontro foron máis de cincuenta cofrades, según din, con túnicas penitenciais negras e carapucho encarnado. Non hai dúbida que se trata de restauración dunha vella institución compostelá, o que desde logo, está bén, mais tampouco colle dúbida que tal restauración non se houbera feito si non estiveran tan de moda as usanzas sevillanas.