Skip to Content

Entre a intimidade e o escénico.

Autor: 
Manuel Regueiro Tenreiro
Fecha: 
04/04/2009

Un espacio coma este na GALICIA DIXITAL incítanos a mirar aos sucesos históricos que marcaron a cultura occidental no seu conxunto, e que cada pobo víveo na súa especificidade ao celebrar a Semana SantaEsperanza-lugo-reg.

 

Estamos,pois, ante a forma específica lucense de "revivir" as orixes relixiosas cristiás. Móvese esta rememoración entre dúas compoñentes:

1. A compoñente da intimidade que busca a mellor maneira de incorporar á vida de cada un dos fieis as ensinanzas do FUNDADOR. Ese novo intento de incorporación vital sintetízase na actitude de revisión / conversión vital na busca dun novo impulso -unha nova PASCUA- que reafirme e aporte novos ánimos e mellor confianza, ou poñer máis FE no camiño da vida.

 

2. O Aspecto escénico ten a súa expresión nos actos públicos, especialmente nas procesións, neles contense unha TRADICIÓN DIDÁCTICA centrada nos momentos finais da vida, morte e resurrección de XESÚS DE NAZARET.

Nesas diferentes escenificacións van entrando variantes que incorporan novas formas de representación para axudar -nos tempos presentes- a VISUALIZAR os misterios da fe cristiá.

 

A SEMANA SANTA DE LUGO tamén ten esas dúas vertentes: escénica e íntima. As reportaxes de Carlos ofrécennos a oportunidade de contemplar as escenas das celebracións, pero tamén de simpatizar - conectar afectivamente- coa intimidade das vivencias da fe que se está a conmemorar nas comunidades parroquiais lucenses.

 

Manuel Regueiro Tenreiro