Skip to Content

O Camiño da Esperanza

Autor: 
XULIO XIZ
Fecha: 
02/04/2012

Na tarde do Luns Santo, en Lugo, ao paso da Procesión da Virxe da Esperanza:

Salve, Estella de los mares!.

Cada lunes Santo, la Virgen de la Esperanza recorre las calles del centro de Lugo, para anunciar un mensaje de amor y de fe, para hacer constar que existe un futuro, y en ello ponemos nuestra confianza, nuestra esperanza. A ti, Señora, dirigimos nuestra plegaria en las dos formas de expresión que tus devotos lucenses poseemos.

Estamos, Señora, no corazón de Galicia. Unha Galicia que no verde, sinónimo de esperanza, ten a súa cor máis representativa. E verdes son os piñeiros que fungan rumorosos na costa verdecente; verdes os prados e as arboredas, verdes en matices infinitos as ladeiras das nosas montañas... todo en Galicia ven ser verde (aínda que o lume, por veces nos escureza), e os galegos, sempre matinamos en que o verde é a cor da esperanza –coma o teu manto, señora- e a esperanza é unha virtude que aprendimos a practicar primeiro por necesidade, e logo por confianza.
Vivimos tempos difíciles na economía, na que moitos conveciños sofren a dor traidora do paro, un dos modernos xenetes da Apocalipse que azota as nosas rúas, as nosas empresas, o noso país.
Difíciles tempos na convivencia social, onde as convulsións internas enchen de zozobra o conxunto da sociedade que trata, como un organismo vivo, de restablecer a saúde e a paz. Tempos difíciles nas familias, como se os vínculos que outrora marcaban como con lume relacións e convivencias, fosen hoxe fráxiles ataduras que non sabemos como facer para volvelas ao seu papel de sempre.
E sen embargo estes apuros, non poden nin deben impedir que coma sempre atopemos no noso interior as nosas raíces e o noso futuro, o noso ser e o noso estar na vida, a nosa caridade, a nosa fe, e sobre todo a nosa esperanza.

Salve, estrella de los mares, Señora de la Esperanza... Y porque reina en nosotros la esperanza queremos pedirte intercesión y ayuda.

· Para que nuestros niños, Virgen de la Ilusión, no pierdan nunca la esperanza, y que esta sea – esperanza con obras para que no sea esperanza muerta- la certeza de que un mundo mejor es posible y estamos en el camino de conseguirlo.
· Para nuestros mayores, Virgen de la Confianza, que a veces viven fuera de la ilusión esperanzada de la compañía y del cariño, que hagas el milagro de volverlos jóvenes por dentro, confiados, alegres, esperanzados en fin para alcanzar ese mundo nuevo, como decía el poeta Díaz Castro, “cos ollos abertos ao mencer”.
· Y para todos nosotros, Virgen de la Luz, que ilumines el camino oscuro que cada día hemos de recorrer, de manera que nuestros pies cansados tengan vereda firme por la que peregrinar mientras esperamos por tu ilusión, por tu confianza, por tu luz.

Salve, Reina y Madre, como Galicia “Nai e Señora”, que dijo Ramón Cabanillas, “sempre garimosa e forte; onte, agora, mañán; na Vida e na Morte”.

El Lunes Santo de 2013, Señora de la Esperanza, aquí estaremos de nuevo, acompañándote para hablarte de esperanza. Como si tuviéramos todo lo demás. Como si no tuviésemos nada.

Porque sen ti, aínda que teñamos todo, non temos nada; porque contigo, aínda que non teñamos nada, témolo todo. En eso consiste a esperanza, en ser ricos en ilusión, en fe, en confianza; en abrir o corazón e os brazos; en que cante a nosa alma aínda que o corazón estea tristeiro; en saber dicir en momentos de tribulación: Gracias señora, por ensinarnos o camiño máis direito, máis eficaz, máis satisfactorio... O Camiño da Esperanza. Amén.

O Camiño da Esperanza